Hemeroteca club

Carlos Mouriño: “Estamos nun momento clave para o Celta”

RC Celta

mouriño270217.jpg

 

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, repasou a actualidade celeste este luns nunha reunión cos medios de comunicación celebrada no museo da entidade en Balaídos. O mandatario céltico analizou as distintas áreas do club e subliñou que o Celta vive “un momento clave na súa historia”.

 

Referíase Mouriño particularmente aos proxectos do novo estadio e cidade deportiva: “Solicitamos formalmente ao Concello a compra de Balaídos. Unha vez teñamos unha resposta decidiremos que camiño tomamos”, declarou o presidente, quen confirmou que o Celta recibiu ofertas de municipios limítrofes a Vigo para construír as instalacións e, chegado o caso, estudaranse.

 

Outro dos temas de maior importancia era a posible venda do RC Celta. Carlos Mouriño confirmou que se rexeitou a oferta recibida por un grupo empresarial chinés, notariada e sobre a que explicou os detalles: “Ofrecían 93 millóns de euros nun pago único a cambio do 66% do accionariado. Non estaba supeditada á compra do estadio nin a unha ampliación do número de accións”, declarou desmentindo así algunhas informacións publicadas nos últimos meses.

 

Noutras áreas, Mouriño destacou a continuidade na boa xestión económica do club e avanzou proxectos como a creación dunha nova páxina web, unha liña de merchandising deseñada pola empresa galega Rei Zentolo ou a apertura de locais gastronómicos e da casa de apostas Luckia na nova bancada de Tribuna.

 

No ámbito de canteira e deportivo, o presidente anunciou unha nova marca na participación do Celta en torneos internacionais (uns cen), avanzou que a Fundación está preto de asinar un convenio de colaboración coa Universidade de Orlando e confirmou que se recibiron múltiples ofertas por xogadores do primeiro equipo, rexeitadas ao primeiro o deportivo sobre o económico.

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas