Carlos Mouriño, na Madroa co plantel e corpo técnico do Celta B

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, acudiu esta mañá as instalacións deportivas da Madroa para dirixir unhas palabras a corpo técnico e plantel do Celta B, que comezou a súa preparación para a tempada 2019/2020 fai uns días. O presidente celeste fixo especial fincapé na importancia que ten a canteira para o club, como demostra o gran número de xogadores formados nas categorías inferiores que forma parte do primeiro equipo na actualidade.