Castilla-Celta B: Convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores para o partido deste sábado ante o Real Madrid-Castilla (Alfredo Dei Stéfano, 20.30 horas) correspondente á xornada 31 de Segunda División B.

A lista fórmana: Sotres, Fran, Kevin, Robert, Ros, Riki, Alende, Rai, Serrano, Dani Molina, Juan Hernández, Agus, Brais, Pastrana, Aarón, Roigé, Drazic e Dennis.

Son baixa por lesión Tiá, Solís, Jero e Pampin, mentres que Din Alomerovic e Franco Lobos están concentrados coas súas seleccións.