CATEGORÍAS INFERIORES/ FÚTBOL BASE

 

A Fundación Celta conta cunha dilatada experiencia organizando Campus de fútbol, sexan para Clubs deportivos, Empresas ou Colectivos en xeral. O noso staff está preparado para realizar estas actividades tanto nas nosas instalacións como fóra delas, como vén traballando desde hai anos coas súas Escolas, tanto en España como ao redor de todo o mundo. Se queres aprender da man dos mellores técnicos, non hai fronteiras para nós, podemos adestrarche onde queiras.

O fútbol base da Fundación Celta continúa expandíndose coa presenza de Campus e Escolas por todo o panorama internacional.

Podemos dicir que unha das notables mellorías da nosa expansión internacional está baseada na continua creación de Campus e Escolas internacionais, situados en puntos estratéxicos do mapa, onde existe un exponencial crecemento da cultura deportiva, especificamente no panorama futbolístico.

Neste sentido, a creación dos Campus e Escolas tamén implica unha xeración de negocio e a presenza da marca Celta polo escenario internacional.

Logros da nosa probada metodoloxía

– Máis de 20 anos de experiencia ensinando a novos futbolistas.

– Máis de 2.400 nenos e nenas nas Escolas e Campus ao redor do mundo.

– Premio especial de Fútbol  Draft polo apoio e esforzo depositado no noso fútbol basee.

– Carlos Hugo, xefe das categorías inferiores do RC Celta, relator na Conferencia Aspire  Academy.

– Alex Otero, mellor adestrador de LaLiga  Promises, en Miami.

– Xurado no Programa de Televisión “ The  Victorious”, en Dubai.

– Premio Carta Branca de Coca-Cola para o noso Presidente Carlos Mouriño.

Mapa de Acción da Fundación Celta

 

 

Campus internacionais:

  • Brasov (Rumanía)
  • Campeche (México)
  • Dublín (Irlanda)
  • Tokyo (Japón)
  • Filadelfia (EEUU)
  • Chiriquí (Panamá)
  • Jaca (España)

Escolas internacionais:

  • Brasov (Rumanía)
  • Campeche (México)
  • Ciudad del Carmen (México)
  • Paita (Perú)
  • Cali (Colombia)
  • Filadelfia (EEUU)

Se desexa recibir mais información, abrir un Campus ou Escola Fundación Celta ou solicitar un presuposto, pode contactar á seguinte dirección:

  • Contacto: Marcos Alonso Rial
  • Número de teléfono: 0034 666 038 464
  • E-mail: malonso@fundacioncelta.com