CD Cortes, rival do Celta B polo ascenso

celta b - convocatoria

Os celestes mediranse ao conxunto navarro na primeira eliminatoria de promoción a Segunda B

 

A RFEF sorteou esta tarde os emparellamentos dos playoffs de ascenso a Segunda División B. O Celta B enfrontarase na primeira eliminatoria ao CD Cortes, club que finalizou a tempada como cuarto do grupo 15 con 66 puntos.

 

O primeiro partido disputarase en terras navarras este mismo domingo 26 de maio ás 17:00 horas, mentres que a volta terá lugar no Campo de Barreiro o domingo 2 de xuño.

Leave a Reply

seventeen − 15 =