CD Leganés – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Fran Escribá, convocou a dezanove xogadores para o partido da trixésimo quinta xornada de LaLiga, na que o RC Celta visita ao CD Leganés (sábado, 18:30, Butarque).

A lista completa fórmana: Sergio, Hugo Mallo, Costas, Araújo, Fran Beltrán, Maxi Gómez, Iago Aspas, Pione Sisto, Rubén, Lobotka, Olaza, Hjulsager, Jensen, Boufal, Jozabed, Cabral, Brais Méndez, Boudebouz e Iván Villar.

David Juncà e Emre Mor son baixa por lesión. Okay é baixa por sanción. Radoja, Kevin e Hoedt non entran na lista.