CELTA 4-1 ROMA || O Celta namora co seu xogo na antesala da Liga

sisto_aspas_balaidos_celta_roma_2017.jpg

 

O Celta de Unzué asinou un primeiro tempo brillante ante un rivel de máximo nivel, a AS Roma, clásico do fútbol italiano e europeo. Foi un gran partido no que destacaron Aspas e Sisto con senllos dobretes. O equipo transmite ilusión e namora co seu fútbol a unha semana do comezo da competición ligueira.

 

Os celestes enseguida tomaron o dominio do partido e puxéronse por diante no marcador. Ao quince minutos de xogo Guidetti caeu derrubado na área rival. O sueco tivo que abandonar o encontro con molestias no ombreiro, entrando Maxi Gómez no seu lugar. Iago Aspas tomou a responsabilidade de executar a pena máxima e non defraudou á parroquia céltica. O de Moaña estreou o marcador.

 

Apenas uns minutos despois Sisto levantou á bancada cun auténtico golazo. O danés conduciu o balón polo centro e, a 20 metros da portaría, rematou con potencia para coar o esférico ata o fondo da rede. Sisto estivo a un nivel sobresaliente. A súa pegada volveu aparecer no minuto 27, finalizando unha fermosa xogada iniciada por Wass e na que Maxi Gómez serviu en bandexa o terceiro tanto celeste. Iago Aspas puxo o broche de ouro a un estupendo primeiro tempo co cuarto gol, a pase de Wass e tras unha espectacular combinación do equipo.

 

Tras a renudación as forzas niveláronse e a presenza do Celta na área italiana decreceu. Ambos os adestradores aproveitaron a segunda metade para dar entrada a un bo puñado de xogadores desde o banco. No minuto 62, a Roma colleu á defensa céltica relaxada e marcou o seu único tanto. Gran despedida da pretemporada, chea de goles e bo xogo. A antesala perfecta ao comezo de LaLiga 2017/18, na que o Celta debuta o vindeiro sábado ás 18:15 en Balaídos ante a Real Sociedad.

 

FICHA TÉCNICA

4-CELTA: Sergio, Hugo Mallo (Costas, min.84), Cabral, Fontàs (Sergi Gómez, min.61), Jonny, Radoja (Lobotka, min.61), Jozabed (Pablo Hernández, min.45), Wass, Iago Aspas, Sisto, Guidetti (Maxi Gómez, min.18).

 

1-ROMA: Skorupski, Peres, Fazio, Jesús, Kolarov, Gerson, Gonalons, Pellegrini, Cengiz, Defrel, Iturbe. Tamén xogaron: Dzeko, Perotti, Strootman, Nainggolan, Manolas, Alisson, Tumminello, Moreno, Nura, Castan, Sadiq.

 

Goles: Iago Aspas (1-0, de penalti, min.16); Sisto (2-0, min.22); Sisto (3-0, min.27); Iago Aspas (4-0, min.41); Strootman (4-1, min.62).

 

Árbitro: González Fuertes, do comité asturiano.

 

Campo: Balaídos (6.575 espectadores).

Leave a Reply

seven − 7 =