Celta-Alavés: convocatoria

Juan Carlos Unzué, adestrador do primeiro equipo, convocou a 18 xogadores para a terceira xornada da Liga ante o Deportivo Alavés (domingo, 18:30, Balaídos).

A listaxe completa fórmana Sergio, Rubén, Hugo Mallo, Fontàs, Maxi Gómez, Pablo Hernández, Iago Aspas, Sisto, Lobotka, Jozabed, Hjulsager, Wass, Jonny, Sergi Gómez, Emre Mor, Cabral, Brais Méndez e Pampín.

Guidetti, Radoja e Roncaglia son baixas por lesión. Iván Villar non entra na listaxe.