Celta B-Cartagena: cita coa historia este domingo ás 12.00 horas en Barreiro

O Celta B recibe ao Cartagena, campión do Grupo IV, este domingo 3 de xuño ás 12.00 horas en Barreiro nun histórico partido, o de ida da segunda eliminatoria da Fase de Ascenso a Segunda División. Os celestes superaron ao Marbella na primeira rolda tras un intenso e apaixonante partido de volta con prórroga e tanda de penaltis incluídos.

Os abonados que desexen acudir ao partido poderán acceder ao campo presentando o seu carné en vigor na entrada, do xeito habitual, ata completar aforo.