Celta B-Gimnástica Segoviana: convocatoria

celta_b_pontevedra_j1_2b_barreiro_celebracion_2017_2018.jpg

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores, entre eles o xuvenil Franco Lobos, para o partido da xornada 21 de Segunda División B ante a Gimnástica Segoviana (sábado, 15:45, Barreiro).

A lista fórmana Sotres, Jero, Robert, Ros, Alomerovic, Iago, Pampín, Riki, Molina, Tià, Rai, Agus, Pastrana, Drazic, Aarón, Juan Hernández, Franco Lobos e Dennis.

Solís e Kevin son baixas por lesión e Alende por acumulación de tarxetas. Brais Méndez foi convocado polo primeiro equipo.