Celta B-Majadahonda: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou aos xogadores dispoñibles para o partido deste domingo ante o Rayo Majadahonda (Barreiro, 12:00 horas) correspondente á xornada 32 de Segunda División B.

A listaxe fórmana: Jero, Fran, Kevin, Robert, Ros, Riki, Alende, Serrano, Tià, Franco Lobos, Dani Molina, Alomerovic, Juan Hernández, Agus, Pastrana, Aarón, Roigé, Drazic e Dennis.

Son baixas por lesión Solís e Pampin e por sanción Rai, mentres que Sotres e Brais foron convocados polo primeiro equipo.