Celta B-Navalcarnero: convocatoria

celta_b_pontevedra_j1_2b_barreiro_celebracion_2017_2018.jpg

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores para o partido da xornada 18 de Segunda División B ante o CDA Navalcarnero (domingo, 15:45, Barreiro).

A listaxe fórmana Sotres, Jero, Robert, Ros, Alende, Iago, Pampín, Riki, Molina, Tià, Rai, Agus, Martín, Pastrana, Drazic, Aarón, Juan Hernández e Dennis.

Son baixas por lesión Solís e Kevin; Adrián por sanción. Brais Méndez foi convocado polo primeiro equipo.