Celta B – Valladolid B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou aos xogadores dispoñibles para o partido da decimoterceira xornada de 2ªB, na que os celestes reciben ao Valladolid B en Barreiro (domingo, 12:00).

A listaxe fórmana Jero, Fran Vieites, Farrando, Riki Mangana, Alende, Fontán, Alomerovic, Ros, Pampín, Rai, Pastrana, Dani Molina, Álex Serrano, Solís, Dani Vega, Iban Salvador, Jacobo, Aarón Rey e Dennis.

Robert Costa e Apeh son baixas por lesión. Iván Villar está concentrado coa Selección Española Sub-21.