Hemeroteca canteira

Celta-Braga: triple duelo de canteiras na Madroa

RC Celta

escudosceltabragaº

p>

 

O Xuvenil B, Alevín A e Benxamín A do Celta enfróntanse este mércores na Madroa ao SC Braga nun novo encontro amigable de canteiras. As instalacións deportivas célticas acollerán a partir das 19:30h tres duelos simultáneos que servirán para pór a proba o nivel da canteira celeste e para seguir estreitando os lazos de colaboración con outras entidades.

 

A semana pasada A Madroa foi escenario dun triangular entre as canteiras do Celta, Deportivo e FC Porto, unha experiencia sobresaliente que xa se levara a cabo semanas atrás e na que por encima de todo destacou a deportividade de todos os participantes. O club continuará traballando na organización de eventos deste tipo que fortalecen a formación futbolística e persoal de xogadores e técnicos.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas