Convocatoria | Iago Aspas non se recupera a tempo para #ONosoDerbi

O adestrador do RC Celta, Juan Carlos Unzué, convocou a 18 xogadores para o partido deste sábado ante o RC Deportivo (Balaídos, 18:30), entre eles aos xogadores do filial Brais Méndez e Dejan Drazic.

A listaxe completa fórmana Sergio, Rubén, Hugo Mallo, Sergi Gómez, Fontàs, Cabral, Roncaglia, Jonny, Mazán, Lobotka, Tucu Hernández, Wass, Jozabed, Brais, Boyé, Sisto, Drazic e Maxi Gómez.

Radoja, Emre Mor e Iago Aspas son baixas por lesión.