Celta e Celta B disputan un partido de adestramento en Balaídos

Partidillo_Celta-Celta_B.jpg

O primeiro equipo gañou 5-0 ao filial céltico. No segundo tempo participou un bo número de xuvenís.

 

O corpo técnico do Real Club Celta organizou esta mañá un partido de adestramento entre Celta B e primeiro equipo, cun once titular formado por Varas, Bellvís, Cabral, Vila, Roberto Lago, Pranjic, Oubiña, Toni, De Lucas, Bermejo e Park.

 

O resultado definitivo de 5-0 foi obra de Quique De Lucas (2), Iago Aspas (de penalti) e Toni (2). Algunso canteiráns como Antón, Fede, Yelko ou Borja entre outros, formaron parte do primeiro equipo no segundo tempo.

 

Uns 150 afeccionados celestes gozaron desde a bancada de Preferencia deste partido de adestramento, no que tiveron a oportunidade de ver en acción a algunhas das novas promesas das categorías inferiores do club.

 

PARTIDO COMPLETO EN CELTA TV

 

Partidillo_Celta-Celta_B_02.jpg

Leave a Reply

nineteen + one =