Celta e Coruxo programan un partido de adestramento

O corpo técnico programou para este xoves ás 11:30 horas un partido de adestramento a porta pechada ante o Coruxo FC en Balaídos. O resto do plan de traballo semanal dos celestes inclúe descanso este martes, adestramento na Madroa o xoves ás 10:45 a porta pechada e, tras o partidillo ante o conxunto de O Vao, tres xornadas de descanso, de venres a domingo.