Celta-Eibar: convocatoria

Juan Carlos Unzué convocou a 18 xogadores para a volta dos dezaseisavos de final da Copa do Rei ante a SD Eibar (martes, 21:30, Balaídos), entre eles ao xogador do filial Brais Méndez.

A listaxe completa fórmana Sergio, Rubén, Hugo Mallo, Jonny, Roncaglia, Fontàs, Cabral, Radoja, Lobotka, Pablo Hernández, Jozabed, Brais Méndez, Wass, Hjulsager, Iago Aspas, Guidetti, Emre Mor e Maxi Gómez.

Sergi Gómez é baixa por lesión. Iván Villar e Sisto non entran na listaxe.