O Celta B inicia a Fase de Ascenso este domingo ás 12:00 en Barreiro

Confírmase o horario para o primeiro partido do Celta B na Fase de Ascenso a Segunda División A. Os celestes xogan a ida da primeira eliminatoria ante o Marbella FC este domingo 20 de maio ás 12:00 horas no Campo de Barreiro.

 

Os abonados que desexen acudir ao partido poderán acceder ao campo presentando o seu carné en vigor na entrada, da maneira habitual, ata completar aforo. O público xeral pode adquirir entradas nas billeteiras de Barreiro o mesmo día do partido por 15€ os adultos e 10€ os menores.