Celta-Girona: desde o xoves, invitacións para abonados e prezos reducidos

MERCA AS TÚAS ENTRADAS ONLINE

XESTIONA A TÚA INVITACIÓN DE ABONADO ONLINE

Invitacións para abonados, prezos asequibles, recibimento, bufandas ou camisetas de ‘A Nosa Reconquista’, ambiente extraordinario, ánimo incesante ao equipo, entrega, fe… e vitoria. Así se viviron os dous últimos encontros en ABANCA Balaídos. O terceiro, tanto ou máis importante, terá lugar o sábado 20 ás 13.00 horas ante o Girona. O club repetirá fórmula: cada abonado terá á súa disposición unha invitación para a súa mesma bancada e as entradas estarán á venda a partir de 10 euros.

Tanto as entradas como as invitacións, unha por cada abonado –imprescindible presentar carné de abonado– despacharanse nas billeteiras do estadio desde este xoves 11 de abril a partir das 10.00 horas. A venda de entradas e xestión de invitacións online, en ticketsabonados.rccelta.es, comezará tamén o xoves ás 10 da mañá.

O horario de despachos de billetes en ABANCA Balaídos será de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.