Hemeroteca celtismo

Celta-Granada: merca xa as túas entradas!

RC Celta

nolito-celta-granada-1314.jpg

Os prezos dos billetes continúan sendo os habituais durante a pasada tempada

 

Xa están á venda as entradas para o partido RC Celta-Granada CF, correspondente á undécima xornada ligueira. Tras lograr tres magníficos puntos nun campo extremadamente complicado como o Camp Nou, os celestes reciben no seu feudo a un rival contra o que disputou algún dos encontros máis emocionantes da historia recente do club.

 

Os despachos de billetes de Balaídos comezaron a vender billetes para este choque no seu horario habitual, de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, mentres que o sábado permanecerán abertos de 10 a 14 e de 17 a 22h. Esta semana a plataforma online non estará dispoñible, polo que as entradas só poderán adquirirse nos despachos de billetes do estadio. Por outra banda, a atención aos abonados realizarase tamén nos despachos de billetes.

 

O club volve animar aos abonados e afeccionados a acudir ao estadio para apoiar ao equipo e, xuntos, continuar cultivando bos resultados. O papel do celtismo durante os partidos, tanto en Balaídos como lonxe de casa, está a ser unha tempada máis un dos alicerces básicos no camiño cara á permanencia.

 

precios_celta-granada.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas