O excepcional Celta Baloncesto recibe o aplauso do RC Celta en A Sede

O RC Celta recibiu este mércores en A Sede ao plantel e directivos do Celta Zorka. O club celeste brindou ao equipo de baloncesto unha merecida homenaxe pola súa excepcional tempada, na que rozaron o ascenso á máxima categoría do básket feminino.

O Celta Zorka finalizou a competición regular no primeiro posto da súa división, con tan só cinco derrotas en vinte e seis partidos disputados. Na fase final, celebrada en Valencia, as celestes superaron a fase de grupos como líderes, pero caeron ante o club anfitrión no partido decisivo polo ascenso. Non estivo lonxe o soño. As guerreiras perderon por unha curta diferenza (51-53) e nos minutos finais do choque chegaron a remontar unha diferenza de quince puntos.

Carlos Mouriño e o seu homólogo do Celta Baloncesto, Carlos Álvarez, intercambiáronse as elásticas de ambos os clubs para conmemorar este encontro entre dous das institucións máis importantes do deporte vigués.