DSC07392.jpg
Novas fundación

Celta integra participou no torneo de Fútbol 8 adaptado organizado polo Concello de O Rosal e o UD Ribeira

RC Celta


A Fundación Celta Integra participou o sábado día 1 de decembro na primeira edición do Torneo Fútbol 8 Adaptado organizado polo Concello do Rosal e o UD Ribeira máis a colaboración da FGDA e a Fundación Celta.

 

O motivo do torneo era conmemorar o “Día Internacional das Persoas Con Discapacidade”, no cal participou a Fundación Celta Integra con dous equipos e un combinado da FGDA, co obxectivo de normalizar a práctica do fútbol no colectivo das persoas con discapacidade intelectual.

 

Xogáronse un total de tres partidos cun gran ambiente entre o público e os participantes, nos que todos puideron gozar dunha xornada de fútbol diferente e moi gratificante.

 

RC Celta

Etiquetas

Novas fundación Novas fundación Novas fundación

Noticias recomendadas