Celta-Leganés: convocatoria

Juan Carlos Unzué convocou a 18 xogadores para a decimoterceira xornada da Liga ante o CD Leganés (venres, 21:00, Balaídos), entre eles aos xogadores do filial Brais Méndez e Diego Alende.

A listaxe completa fórmana Sergio, Rubén, Hugo Mallo, Jonny, Fontàs, Cabral, Alende, Radoja, Lobotka, Pablo Hernández, Jozabed, Brais Méndez, Wass, Sisto, Iago Aspas, Guidetti, Emre Mor e Maxi Gómez.

Roncaglia e Sergi Gómez son baixas por lesión. Iván Villar e Hjulsager non entran na listaxe.