Celta-Levante: convocatoria

O adestrador do RC Celta, Juan Carlos Unzué, convocou a 18 xogadores para o partido deste sábado ante o Levante UD (Balaídos, 13:00), entre eles aos xogadores do filial Fran Vieites (portero) e Dani Molina (centrocampista).

A listaxe completa fórmana Sergio, Fran, Hugo Mallo, Sergi Gómez, Fontàs, Cabral, Roncaglia, Jonny, Mazán, Lobotka, Radoja, Dani Molina, Wass, Jozabed, Sisto, Boyé, Iago Aspas e Maxi Gómez.

Rubén, Tucu Hernández e Emre Mor son baixas por lesión. Brais Méndez integrouse na disciplina do Celta B de cara á fase de ascenso a Segunda División.