Celta Media emite este venres o encontro do presidente cos medios

Carlos Mouriño reúnese este venres ás 10:00 horas cos medios de comunicación para analizar a actualidade do RC Celta. Celta Media retransmitirá a comparecencia do presidente celeste en directo desde A Sede a través da canle oficial do club en YouTube.