Celta Media retransmitirá en directo os amigables ante CD Lugo e Lille

Boas novas para os afeccionados do RC Celta en todo o mundo. Celta Media, a canle audiovisual oficial do club celeste, emitirá en directo os próximos partidos amigables do equipo vigués ante o CD Lugo (sábado 20 de xullo, 20:30, Portonovo) e Lille (sábado 27 de xullo, 20:30, Vilagarcía de Arosa).

Ambos encontros de preparación poderán seguirse desde calquera parte a través da canle do RC Celta en YouTube. O club anima a tódolos seguidores célticos a suscribirse á canle oficial do club en YouTube e activar as notificacións para non perderse ningún dos videos e partidos realizados por Celta Media.