Celta-R. Madrid: convocatoria

Juan Carlos Unzué convocou a 18 xogadores, incluido o canteirán Brais Méndez, para o partido de este domingo ante o Real Madrid (20.45 Balaídos).

A listaxe completa fórmana Sergio, Rubén, Hugo Mallo, Jonny, Roncaglia, Sergi Gómez, Fontàs, Cabral, Radoja, Lobotka, Pablo Hernández, Brais Méndez, Wass, Jozabed, Sisto, Iago Aspas, Emre Mor e Maxi Gómez.

Non entran na listaxe Iván Villar, Mazan, Guidetti e Hjulsager.