O Celta volve aos luns ante o Getafe

LaLiga confirmou este mércores os horarios correspondentes á xornada 24, na que o RC Celta visita o campo do Getafe CF. Por cuarta ocasión no que vai de tempada, os celestes xogarán un luns, o 19 de febreiro ás 21:00 horas. O encontro retransmítese en aberto en GOL.