Celtamotor amplía a súa vinculación co RC Celta e convértese en provedor oficial

 

Celtamotor, colaborador do RC Celta desde hai anos, amplía e reforza os seus lazos de unión co club celeste coa firma dun novo convenio de colaboración entre ambas as entidades que converte ao concesionario vigués en provedor oficial para os próximos dous anos.

Carlos Mouriño, presidente do RC Celta, e José María Rodrigo, xerente de Celtamotor, protagonizaron a firma do novo acordo na sede social do club en Vigo. “Unimos a un dos mellores equipos de fútbol cun dos mellores concesionarios BMW de España”, declarou José María Rodrigo, satisfeito por poder intensificar a unión comercial de Celtamotor co club céltico: “Sempre apoiamos ao Celta e agora farémolo un pouco máis”, asegurou.