Tour

 

TOUR POR BALAÍDOS

A Fundación Celta de Vigo preparou unha experiencia única para todos os amantes do fútbol e en especial para todos os celtistas. Unha experiencia exclusiva pensada para sumerxir ao visitante no ambiente que se vive no estadio de Balaídos e dar a coñecer de primeira man os lugares por onde se xestan os grandes partidos do club celeste.

Balaídos Experience Tour é unha oportunidade que brinda a Fundación Celta e que consta das seguintes fases:

Sala de prensa e zona mixta
Recepción dos visitantes e explicación do tour a cargo dun guía na zona nova do estadio, comezando pola sala de prensa do estadio.

Vestiario RC Celta
Visita ao lugar onde se preparan para cada partido e festexan os triunfos os nosos xogadores. Poderán fotografarse nos seus espazos personalizados e ver a táboa na que debuxan as xogadas.

Vest. RC CELTA

Acceso ao campo
Accederán ao campo como o fan os nosos futbolistas, coa emoción de vivir por un día unha experiencia única.

Salida al Campo

Terreo de xogo
Percorrido polo terreo de xogo, bancadas, banco dos xogadores e novo palco de autoridades.

Terreno d j

Recepción Sala VIP
Para completar a visita, poderán gozar no novo palco de autoridades dun catering na Hospitality Room a elixir entre cóctel ou comida buffet.

Visita ao Museo Deportivo
Visita guiada ao Museo da Fundación Celta para coñecer os case 100 anos de Historia do Real Club Celta.
Finalízase o tour na tenda oficial do Club.

Nos próximos días anunciaremos as datas para os tours da tempada 2017-18.