Chegan as rebaixas á tenda multimarca de A Sede

A tenda multimarca do RC Celta en A Sede (Rúa do Príncipe 42, Vigo) ofrece este venres 29 e sábado 30 de xuño rebaixas de ata o 40% en exclusiva para abonados do club celeste en marcas como Do Rego and Novoa, Superdry, Reiko, La Sal ou Gorgeous; uns descontos que a partir do domingo xa estarán dispoñibles para todos os clientes.

A tenda de A Sede abrirá este sábado no seu horario habitual de 10:00 a 20:30 e o domingo de 10:00 a 14:00.