chocook.jpg
Primeiro Equipo

Chocolatada, recibimento e bandeiras no episodio máis decisivo de ‘A Nosa Reconquista’

RC Celta

A unión entre equipo e afección demostrou a súa forza en incontables ocasións. Sempre con maior intensidade cando máis alto era o obstáculo, sempre con maior firmeza cando máis difícil era o reto. O RC Celta afronta este sábado un novo capítulo de ‘A Nosa Reconquista’, o terceiro en ABANCA Balaídos, o máis determinante de todos, o máis decisivo.

Aí estará a afección, que esgotou as entradas e a través das peñas organizou un gran recibimento ao equipo ás 11.00 horas na chaira de Tribuna. O RC Celta convídalles a almorzar e desde as 10.00 horas despacharanse, tras a bancada de Marcador e de maneira gratuíta, mil racións de chocolate con churros para aqueles afeccionados que acudan a alentar ao equipo no recibimento.

Tras esta gran previa, o estadio de ABANCA Balaídos lucirá totalmente celeste. O club repartirá entre todos os seguidores que acudan ás partido bandeiras do RC Celta, que se entregarán nos tornos de cada unha das portas de acceso.

Para reforzar este ambiente haberá ademais unha promoción extraordinaria, unicamente este sábado, nas tendas do club en ABANCA Balaídos, A Sede e online: shop.rccelta.es. Só ese día aplicarase un desconto de nada menos que o cincuenta por cento na colección de tempada 2018/2019 de adestramento, roupa de paseo, chaqueta himno e mini kit. Esta promoción non é acumulable a outras ofertas nin ao desconto de abonado.

‘A Nosa Reconquista’ deparou xa dúas remontadas, dúas vitorias de gran importancia. Entre todos, lograremos que chegue a terceira.

#XuntosSomosCelta

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas