Choiva de goles do Xuvenil A ante a Gimnástica (7-0)

Baixo un intenso temporal, os celestes venceron con goles de Santi Mina (3), Fernán, Samuel, Berto e Borja

 

Parecía que os protagonistas do Celta-Ximnástica serían a choiva e o vento, pero os célticos fixeron que os asitentes esquecésense do temporal cun espectáculo de goles. O Celta Xuvenil A venceu por 7-0 a un rival que ocupa os postos altos da táboa, o cal outorga máis mérito á vitoria. Santi Mina, goleador do equipo, xa suma 27 dianas tras as 3 cultivadas no partido de hoxe, o tres a pase de Yelko Pino. Fernán, Samuel, Berto e Borja completaron a goleada.

 

Os xuvenís mantéñense con 45 puntos á fronte da clasificación da División de Honra.

Leave a Reply

17 − ten =