Clausura do campus da Fundación Celta by Cabreiroá en Brasov

Este mediodía clausurouse o campus que a Fundación Celta organizou en Brasov (Romanía). Un total de 45 participantes puxeron en práctica a metodoloxía da canteira da man dos nosos técnicos tanto da Cidade deportiva da Madroa como das escolas Fundación Celta | Brasov.

Durante esta semana complementáronse os adestramentos coa presentación de vídeos fomentando a metodoloxía e valores do RC Celta, recibiron a visita de deportistas coñecidos en Romanía e premiouse ao xogador máis destacado cunha bolsa para participar en adestramentos en Vigo coa nosa Canteira.