Clausura do I Clínic Fundación Celta by Cabreiroá en Canarias

Durante esta pasada fin de semana (venres, sábado e domingo) tivo lugar o I clinic Fundación Celta Canarias, celebrado en estadio Alfonso Silva de Las Palmas de Gran Canaria. Alí reuníronse case 70 mozos de entre 14 e 18 anos, os cales gozaron de tres xornadas de adestramento baixo as ordes de dous técnicos da nosa canteira.
Ao finalizar o clínic seleccionáronse a tres mozos para que veñan convidados a adestrar cos nosos equipos de categorías inferiores, os cales poderán coñecer de primeira man a cidade deportiva da Madroa e gozar da nosa cidade.