Coca-Cola tinguirá Galicia de celeste cos calendarios do RC Celta

O adestrador do RC Celta, Juan Carlos Unzué, o dianteiro Maxi Gómez e a responsable de Coca Cola María Troncoso presentaron esta mañá o calendario 2018 de Coca Cola dedicado ao Celta, con fotos da totalidade do plantel e do técnico celestes.

Coca Cola distribuirá en toda Galicia 14.000 calendarios, que tinguirán fogares e locais de restauración e alimentación de celeste.