Comeza a venda de entradas para o partido de LaLiga ante o Real Madrid

En pouco máis dun mes, ABANCA Balaídos acollerá un dos partidos máis atractivos da tempada no estadio vigués. Os celestes reciben ao Real Madrid, vixente campión da Champions League, o domingo 11 de novembro ás 20:45.

Os prezos das entradas para este choque oscilan entre os 40€ e os 70€ para afeccionados Sub-25 e entre 60€ e 100€ en categoría Adulto. Este encontro foi designado como Día de Club, polo que os abonados que tramitaron o seu carné despois do 20 de xullo deberán retirar un suplemento (20€ Adulto, 5€ menores de 8 anos e 10€ resto de categorías). Ao ser Día do Club, non se emitirán invitacións para os carnés Miudiño.

A venda de entradas para o RC Celta-Real Madrid arrincará este xoves 4 de outubro ás 10:00 na web tickets.rccelta.es. Os billetes tamén poderán adquirirse nos despachos de billetes do estadio ABANCA Balaídos, abertas de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.