Comezan os traballos de substitución do céspede de Abanca Balaídos

O RC Celta comezou hoxe as labores de substitución do céspede do estadio de Abanca Balaídos para garantir que a próxima tempada o terreo de xogo presente unhas condicións óptimas. Xa comezaron os traballos de retirada do céspede coa máquina ‘field top maker’, que permite actuar cunha profundidade de 1,5 centímetros.

Ao finalizar esta fase procederase a alisar e botar area en toda a superficie para conseguir o nivelado adecuado. Para rematar, sementaranse 300 quilos de ryegrass e 150 quilos de poa pratensis co obxectivo de que Abanca Balaídos dispoña na próxima campaña do mellor céspede posible.