Comezo da nova escola da Fundación Celta de Vigo en Paita (Perú)

O porteiro do RC Celta, Sergio Álvarez, visitou estes días a cidade peruana de Paita para participar na inauguración da nova escola que a Fundación Celta de Vigo puxo en marcha alí.

Esta escola terá un marcado carácter social e irá destinada a nenos e nenas da localidade co obxectivo de colaborar no desenvolvemento dos mozos a través da práctica deportiva. A escola foi desenvolvida en colaboración co Instituto Peruano do Deporte e a empresa Profand, colaboradora da Fundación Celta de Vigo.

Perú únese á lista de países nos que a Fundación Celta ha posto en marcha actividades de carácter distinto pero todas elas orientadas ao desenvolvemento dos máis novos empregado o fútbol como ferramenta transmisora de valores. Xunto á escola social de Paita puxéronse en marcha, tan só este verán, dous campus de fútbol en Estados Unidos e un máis na cidade serbia de Veliko Gradiste.