Comezo da nova escola da Fundación Celta de Vigo en Paita (Perú)

Na localidade de Paita (Perú) comezou a súa andaina a nova escola da Fundación Celta de Vigo. Esta escola está coordinada por Joel Namuche, o cal recibiu na cidade deportiva da Madroa, a formación do método da Canteira o pasado mes de maio.

A escola desenvolve a súa actividade tres días á semana nas instalacións do Instituto dos deportes da mesma cidade e conta co apoio da fábrica que ten Profand na localidade pesqueira.

O porteiro do RC Celta, Sergio Álvarez, participou na inauguración da nova escola o pasado mes de xullo.

Esta escola ten un marcado carácter social, está destinada a nenos e nenas da localidade co obxectivo de colaborar no desenvolvemento dos mozos a través da práctica deportiva. A escola foi desenvolvida en colaboración co Instituto Peruano do Deporte e a empresa Profand, colaboradora da Fundación Celta de Vigo.

Perú únese á lista de países nos que a Fundación Celta ha posto en marcha actividades de carácter distinto pero todas elas orientadas ao desenvolvemento dos máis novos empregado o fútbol como ferramenta transmisora de valores.