Comida de convivencia antes de enfrontarse ao Girona

Xogadores e corpo técnico compartiron este xoves unha comida ao termo do adestramento en A Madroa. Nas mesmas instalacións celestes, o primeiro equipo preparou un asado e gozou dun bo intre antes de afrontar o próximo partido de Liga ante o Girona (luns, 21:00, Montilivi, Gol).