Celtismo

Comproba se es un dos gañadores dos sorteos de ‘A Sede’

RC Celta

Xa hai gañadores dos sorteos que o RC Celta organizou na última semana con motivo da inminente inauguración de A Sede. Foron dúas accións levadas a cabo mediante un flyer promocional que comezou a repartirse no último partido xogado en Balaídos. Na primeira, os afeccionados debían publicar unha fotografía co flyer de A Sede e o hashtag #vémonosnasede en twitter, facebook ou instagram, para participar no sorteo de tres camisetas asinadas utilizadas polos xogadores no Celta-Las Palmas. Na segunda, o club sorteaba unha experiencia VIP no Celta-Barça de Liga seleccionando ao azar o código numérico dun dos folletos.

Os celtistas afortunados foron:

  • Camiseta Celta-Las Palmas asinada e co logo de A Sede:
    • @pabloverin14 (twitter).
    • @txarkito (instagram).
    • Lorena Otero Santiago (facebook).
  • Experiencia VIP no Celta-Barça:
    • Código 10.673.

O club porase en contacto cos gañadores das camisetas para xestionar a entrega. O propietario do flyer co código agraciado coa experiencia VIP deberá contactar ao club a través do servizo Escoitamos

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas