Comunicado do RC Celta sobre os incendios en Galicia

escudo-luto.jpg

 

O RC Celta lamenta, repudia e condena a vaga de incendios que asola nas últimas horas a comarca de Vigo e outros puntos de Galicia e que está causando un dano irreparable na nosa terra. O club quere transmitirlle o seu pesar e enviarlle todo o seu agarimo aos familiares e amigos das vítimas mortais do incendio de Nigrán e unha mensaxe de ánimo e solidariedade a todas as persoas afectadas por esta terrible praga.

 

O RC Celta quere ademais mostrar o seu apoio e admiración a todos os profesionais e persoas que traballan sen desmaio no control e extinción do lume nos nosos montes e cidades e agradecer as mostras de solidariedade recibidas desde todos os puntos do país. Moitas grazas a todos.