Comunicado do RC Celta

O RC Celta lamenta profundamente os diversos problemas técnicos sufridos nos últimos días para a tramitación de entradas e invitacións para os seus abonados e as molestias e inconvenientes que estas deficiencias lles causaron. Ante a imposibilidade por parte da empresa provedora do servizo de tramitación online YouSeet, que adquiriu esta liña de negocio a Codeeta, de garantir o correcto funcionamento do proceso, o club porá a disposición dos abonados as dúas invitacións para o partido ante o Sevilla nas billeteiras do estadio este xoves a partir das 10.00 horas.

Unha vez liquidados os erros iniciais no servizo e realizadas probas durante a pasada noite, nas que o funcionamento foi correcto, ao club garantíuselle a plena operatividade da plataforma para os abonados a partir das 16.00 horas desta tarde, aínda que lamentablemente o sistema tampouco funcionou.

O RC Celta adoptará as medidas oportunas para defender os intereses dos abonados e reitera as súas desculpas polo trastorno ocasionado.

O horario das billeteiras en ABANCA Balaídos é de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. Ademais, o domingo 9 de febreiro, día de partido, permanecerán abertas desde as 10:00 até as 18:30 horas.

A firma YouSeet emitiu o seguinte comunicado ao respecto:

“O RC Celta vén utilizando a funcionalidade de promocións que a nosa empresa adquiriu recentemente desde fai tempada e media. Debido a problemas técnicos en devandito compoñente o servizo presentou distintos problemas para a emisión de invitacións de abonado, asumimos nosa parte de responsabilidade e presentamos as nosas máis sinceras desculpas ao Celta e a súa afección polas molestias ocasionadas”.