Comunicado do RC Celta

O RC Celta, por recomendación de LaLiga e seguindo as consígnas de Sanidade, pechará ao público o acceso ás instalacións da Madroa e ABANCA Balaídos como medida de prevención sanitaria. Esta medida esténdese a todos os actos de xogadores e aos partidos das categorías inferiores que se disputen nas nosas instalacións.

O club lamenta as molestias que ocasiona esta situación preventiva e desexa un pronto restablecemento da normalidade.