Comunicado do RC Celta

A última hora desta a tarde, o Concello de Vigo comunicoulle ao RC Celta que, por motivos de seguridade relacionados coa cuberta, a Bancada de Río, tanto Alto como Baixo, non se pode abrir ao público, polo que permanecerá pechada para o partido deste domingo ante o Atlético de Madrid.

O RC Celta, totalmente alleo a esta decisión, lamenta os inconvenientes, trastornos e molestias que esta circunstancia lles causa a abonados e afeccionados que non poderán asistir ao partido. Dado que non hai entradas á venda e o aforamento está completo é totalmente imposible afrontar a recolocación dos abonados. Os despachos de billetes do estadio permanecerán por tanto pechadas este sábado.