Comunicado do RC Celta

O proveedor dos servizos informáticos do RC Celta confirmou ao club que nestes momentos non pode garantir o pleno funcionamento da plataforma online para tramitar os abonos da próxima tempada. O RC Celta volve pedir desculpas polas molestias que esta situación está ocasionando e informará puntualmente de calquera novidade que se produza.