Comunicado do RC Celta

A mellor Liga do mundo non se pode permitir arbitraxes como o que sufriu hoxe o RC Celta en Getafe, que non alcanzou os mínimos exixibles nunha competición menor e moito menos nunha Liga do prestixio da española.

O nivel da actuación arbitral foi absolutamente impropio da Liga, o que debería levar a unha reflexión sobre a importancia de que todos os elementos en xogo nunha competición como esta sitúense nuns estándares mínimos.

En definitiva, é lamentable que na mellor Liga do mundo, un árbitro ofreza o ínfimo nivel que mostrou o que dirixiu o Getafe-RC Celta.

O RC Celta pide, simplemente, respecto. O mesmo respecto que este club sempre mostrou pola Liga e polo estamento arbitral, pero o que sucedeu hoxe non é comprensible nin aceptable, non se pode permitir.