Coñece aos capitáns do Celta 2017/2018

Hugo Mallo, Iago Aspas, Sergio Álvarez e Andreu Fontàs. Estes son o catro capitáns elixidos polo vestiario celeste para a tempada 2017/2018, sendo Fontàs o único que se estrea neste rol.

O primeiro capitán seguirá sendo Hugo Mallo, líder do vestiario celeste desde xaneiro de 2016 cando Augusto causou baixa no mercado invernal. Iago Aspas será esta campaña o segundo dono do brazalete tras exercer de terceiro capitán na 2016/17, a primeira tempada na que o de Moaña formou parte desta lista. Tamén repite capitanía Sergio Álvarez. O porteiro, terceiro capitán nesta ocasión, leva sendo un dos elixidos para portar o brazalete dende a 2015/16.

Aos tres canteiráns celestes súmase Andreu Fontàs. O catalán estréase como cuarto capitán na súa quinta tempada no club céltico.